Inclúen unha partida de 146.814,46 euros para a instalación dunha báscula pública de camións no polígono, 100.000 euros para iniciar o segundo tramo do vial de acceso sur e 14.000 euros para a reparación da escultura O Escalo.
O pasado venres 29 o Centro de Promoción Económica acolleu unha xornada organizada en colaboración co BBVA e EY na que se abordaron aspectos clave para unha xestión exitosa dos elementos patrimoniais da empresa familiar.
Esta semana quedaron adxudicados a redacción dos proxectos de expropiación e urbanización da ampliación da nosa área empresarial. As empresas adxudicatarias son Calixto Escariz e Antea Group Iberolatam respectivamente.
A nosa área empresarial foi un dos dez polígonos seleccionados por Ferrovial e Impact Hub para participar nun estudo a nivel nacional sobre a transición enerxética nos polígonos industriais.
Este novo vial transcorre entre a Rúa Madeira cruza a autovía AG-55 a través dunha ponte e enlaza co sistema viario municipal que conecta con Razo, Baldaio ou Caión. A empresa adxudicataria é López Cao que ten un prazo de 3 meses para executar a obra.
As parcelas son a F1 (9.384 m2) e a F2 (13.214 m2) que saen ambas cun prezo bonificado de 32,99 euros o metro cadrado. O pazo habilitado para presentar oferta é do 7 de outubro ao 7 de novembro.
Na reunión mantida a solicitude da Comunidade de Propietarios do Polígono repasáronse os principais asuntos de competencia autonómica que condicionan o futuro da nosa área empresarial (ampliación, estrada de circunvalación e transporte público).
O pasado venres, o Centro de Promoción Económica acolleu unha xornada informativa sobre os Plans de Pensións de Emprego, unha ferramenta de previsión social cada vez máis utilizada polas empresas e que comeza a ser obrigatoria en diversos convenios sectoriais.